sábado, 14 de abril de 2012
PAULO VILLEGAS E LUCÍA CARDESÍN, NO PODIUM DO CROSS DE SANTIAGO, 29/XANEIRO/2012.
Gran prestación dos dous representantes do Colexio San Narciso de Marín neste prestixioso campo a través celebrado nun dos circuitos máis esixentes de Galicia.
Paulo Villegas, debutou nunha competición de campo a través a nivel autonómico, realizou unha carreira de pundonor saíndo ben colocado e aguantando o tirón dos mellores Cadetes e Xuvenís da autonomía, sendo ao final 9º na carreira e 3º clasificado da categoría CADETE.
Lucía Cardesín, como xa é habitual en ela fixo unha carreira de menos a máis, sabendo asaltar aos postos cabeceiros no momento adecuado, sabedora de que a primeira corredora estaba fóra do seu alcance, deixou marchar ata a 4 corredoras, para que a medida que a dureza do circuito iba poñendo a cada unha no seu sitio, Lucía foi remontando dende o 6º posto ata o 3º final, e a medalla de BRONCE FINAL.
PAULO VILLEGAS CARRAGAL E LUCÍA CARDESÍN CORTEGOSO
VÍCTOR RIOBÓ REMATA AS PRÁCTICAS DE MAXISTERIO POR EDUCACIÓN FÍSICA NO SAN NARCISO
O atleta internacional de Marín, Víctor Riobó xa rematou con éxito as prácticas da carreira de Maxisterio na Especialidade de Educación Física.
Desexámoslle moita sorte nos seus estudios e que pronto remate a carreira para ser todo un "profe de Educación Física" e que volva a ser o gran Riobó das mellores marcas nacionais de mediofondo, xa que durante a súa estancia no noso Colexio estívose recuperando da operación de tendó de aquiles sufrida en Outubro de 2011 que lle levou a estar en muletas ata Febreiro de 2012.
ÁNIMO E SORTE VÍCTOR!!
lunes, 10 de octubre de 2011
LUCÍA CARDESÍN CORTEGOSO, CAMPIONA GALEGA ALEVÍN DE RUTA

A Atleta e alumna do San Narciso,
proclamouse este domingo,
na Carreira "A Coruña 10" e
"Campionato Galego de Ruta"
CAMPIONA GALEGA EN RUTA DA SÚA CATEGORÍA (Alevín Feminino).

Despois de correr en Marín , na tarde do sábado, na Carreira "Pinga-Pinga" unha distancia de 500metros, a nosa grandísima fondista, afrontou o Campionato Galego de Ruta sobre a distancia de 1.200metros, correndo coa categoría Benxamín-Alevín, Masculina e Feminina xuntas.

Lucía correu de maneira intelixente e moi valiente, pois establecéuse nas posicións de cabeza de carreira entre os 10 primerios postos de homes e mulleres, dende os primeiros metros, e aguantou formidablemente o tirón dos nenos alevíns, quedando 6ª na clasificación xeral e 1ª muller en cruzar a liña de meta, con 6 segundos de vantaxe sobre a súa perseguidora.
Lucía completa así unha gran fin de semana, e unha tempada chea de éxitos en cross, pista e ruta emulando a súa compañeira de adestramentos en Pontevedra e unha das mellores mediofondistas Junior de España: Leticia Fernández Barbosa.

Este curso 2011-2012 inicia a categoría infantil co que os seus retos serán ainda maiores xa que será a "pequena" da categoría.
Noraboa LUCÍA!

IIª Carreira PINGA-PINGA Santomé de Piñeiro Marín
Moitos alumnos/as do San Narciso foron os participantes nesta carreira, sendo os máis destacados nas súas respectivas categorías o sábado 8-10-2011:
Carreira de 500 metros:
LUCÍA CARDESÍN .- Campiona Alevín femenina
NAGORE ACUÑA .- Subcampiona Alevín femenina....
así como o Pai de Tania Carballo,
facendo o propio na súa categoría de veteráns na carreira grande de 7kms.
NORABOA A TODOS/AS POLA GRAN PARTICIPACIÓN,
dende os máis pequenos/as de 3º de Primaria, ata os maiores de 6º, e Paulo de 2º da ESO, que conseguiu ser 3º calsificado en Cadete.
O ano que ven esperemos ter aínda máis participación do noso cole!!!!!
miércoles, 5 de octubre de 2011
CURSO 2011 - 2012
BENVIDOS/AS A ESTE NOVO CURSO QUE COMEZA CO LEMA DE "A VERDADE".
Como novidade este curso teremos noticias relacionadas coas clases de EF dos alumno/as máis maiores do centro de 1º de Bacharelato.
Dende aquí queremos desexarvos moi boa sorte e A ESTUDIAR MOITO!!!
lunes, 9 de mayo de 2011
jueves, 14 de abril de 2011
ALEVIN FEMININO CAMPIONAS GALEGAS de Xogando ó Atletismo - Pontevedra, 13-04-2011
Onte mércores 13 de Abril,
celebrouse no CGTD de Pontevedra o
Campionato Galego de Xogando ó Atletismo nas categorías Benxamín e Alevin,
nesta última decidíanse os equipos que representarán á nosa Comunidade
na Final Nacional en Puertollano, Ciudad Real o 28 de Maio.
Resultando vencedores o Colexio do Sagradón Corazón de Pontevedra en Alevín Masculino,
e o noso SAN NARCISO de Marín en Alevín FEMININO.
O EQUIPO QUE LOGROU A VICTORIA ESTIVO COMPOSTO POR:
ÚRSULA LOIRA 6º EP
ALBA PAZOS 6º EP
NAGORE ACUÑA 5º EP
LUCÍA CARDESÍN 5º EP
TANIA CARBALLO 5º EP
SARAY AMOEDO 5º EP
NORABOA E PARABÉNS A ELAS, E Ó P. SIMÓN POLA INTENSA PREPARACIÓN E TRABALLO REALIZADO PARA LOGRAR ESTE MERITOSO CAMPIONATO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




